A noite máis máxica do ano

beachNo día máis longo do ano todo parece posible. As bruxas acechan e para combatelas só temos lume e luz, auga e vida. Saltan chispas na fogata, os nenos miran hipnotizados coma os maiores collen impulso e voan entre as chamas porque eso é o que fan; voar. Van polo ceo cómo se o mundo lles pertencese; sen medo a nada, sen medo a ninguén; a vida está nas súas mans ¿Qué nos debería de asustar?

As bruxas e o demo vixian aos mortais esperando que algún deles incumpra un rito ou unha tradición e lle deixen así o camiño libre para enmeigar. En realidade as bruxas eran boa xente, pero un día cansáronse de que fuxiran delas e de que queimaran as súas irmáns en fogueiras. Cansáronse de que todo o mundo crese que eran as malas de película e ahí sí que sí volvéronse malas; pero malas de verdade.

A luz do solpor ilumina a auga que ao día seguinte a xente botará pola cara para purificar a alma. Purificar non sei se purificará; pero oler hule de marabilla. A menta, a lavanda, a herba luisa, a manzanilla... non falta ningunha; todas reunidas para formar a Auga de San Xoán. E que ninguén se olvide; non vaia ser.

Salto, voo entre as lapas e sinto a enerxía recorrer as miñas veas. Poder, maxia, amigos, familia, bruxas (ou menos bruxas) aterrizo e volvo a saltar. Xa se sabe que teñen que ser 3 saltos ou máis, sempre acabando en número impar. No terceiro salto non aterrizo, permanezo no aire máis do humanamente posible. No ceo atopo un mago que me mira de reollo; chíscame un ollo e volvo a terra firme. ¿Será certo o que acabo de ver? ¿Por qué non? Ao fin e ao cabo esta é a noite máis máxica do ano.

Comentarios

Publicar un comentario